A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria número 3 que tivo lugar o 15 de marzo de 2016, aprobou a oferta de emprego público 2016 de acordo co orzamento aprobado pola Xunta de Goberno Local da sesión do día 30 de decembro de 2015 e publicado no Boletín Oficial da provincia do 15 de febreiro de 2016.
Segundo o disposto no artigo 128 do texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado polo Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, procédese á publicacion da oferta de emprego público do ano 2016 constituída polas seguintes prazas para cubrir por promoción interna:
A) Funcionarios de carreira.
Denominación |
Escala |
Subescala |
Categ. |
Vac. |
Grupo |
Delineante |
Administración especial |
Técnica |
1 |
C1 |
|
Administrativo |
Administración xeral |
Administrativa |
Administrativo |
2 |
C1 |
Auxiliar administrativo |
Administración xeral |
Administrativa |
Auxiliar |
1 |
C2 |
Policía Medio Ambiente |
Policía local |
Básica |
Policía |
1 |
C1 |
Redondela, 17 de marzo de 2016
Javier Bas Corugeira
Alcalde