Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 21 de abril de 2016 Páx. 14777

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Leiro

ANUNCIO da formalización da adxudicación do contrato do servizo de abastecemento domiciliario de auga potable e saneamento.

O Pleno do Concello, en sesión que tivo lugar o día 28 de decembro de 2015, acordou a adxudicación do contrato do servizo de abastecemento domiciliario de auga potable e de saneamento (rede de saneamento e depuración) do municipio de Leiro (Ourense). Publícase a súa formalización para os efectos do artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Leiro.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Enderezo do perfil do contratante: www.depourense.es

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: servizo de abastecemento domiciliario de auga potable e de saneamento (rede de saneamento e depuración) do municipio de Leiro (Ourense).

b) Lugar de execución: Concello de Leiro.

c) Duración contrato: quince (15) anos.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: perfil do contratante, BOP e DOG.

e) Datas de publicación do anuncio de licitación:

BOP: 29 de xullo de 2015.

Perfil do contratante: 23 de xullo de 2015.

DOG: 4 de agosto de 2015.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Empresas que se presentaron e valoración:

Empresas

Sobre nº 2

(Criterios ponderables en función xuízo de valor)

Sobre nº 3

(Criterios avaliables de forma automática)

Puntuación total

Geseco

3,5

33,59

37,09

Espina & Delfín

5

50

55,00

Viaqua

7

16,91

23,91

Detalle do contido das actas da mesa de contratación en: www.depourense.es

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: Pleno do 28 de decembro de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 1 de xaneiro de 2016.

c) Contratista: Espina & Delfín, S.L.

d) A contraprestación que percibirá o concesionario virá determinada pola aplicación das tarifas aprobadas polo Concello de Leiro, así como pola subvención anual que satisfará o Concello polo importe de 9.208,12 euros.

Leiro, 29 de febreiro de 2016

Francisco José Fernández Pérez
Alcalde