A Resolución do 5 de xaneiro de 2016 que regula as axudas a empresas xornalísticas e de radiodifusión, publicada no DOG nº 34, do 19 de febreiro de 2016, establece as bases reguladoras e a convocatoria para a concesión destas subvencións.
O artigo 2 desta resolución establece a contía inicial dos créditos destinados a financiar estas axudas, sen prexuízo de posteriores modificacións orzamentarias. Así, ao existir crédito dispoñible na aplicación orzamentaria 04.20.151A.470.1, cómpre ampliar o importe dos créditos inicialmente asignados coa finalidade de manter esta acción de fomento en niveis adecuados.
Polo exposto, e tendo en conta as áreas de competencia adscritas funcionalmente á Presidencia da Xunta de Galicia, artigo único, punto 3, e disposición transitoria segunda do Decreto 12/2012, do 4 de xaneiro, polo que se establecen os órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia,
DISPOÑO:
Artigo único
Primeiro. Ampliar o importe da contía máxima dos créditos destinados a dar cobertura orzamentaria á Resolución do 5 de xaneiro de 2016 pola que se establecen axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas a empresas xornalísticas e de radiodifusión en 540.000,00 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 04.20.151A.470.1, de forma que o importe total será de 1.675.000,00 euros.
Segundo. Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida resolución para a presentación de solicitudes.
Santiago de Compostela, 12 de abril de 2016
Mª del Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios