Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 25 de abril de 2016 Páx. 15298

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Narón

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación das bases que rexen as convocatorias de subvencións a entidades e asociacións de ámbito municipal, e da convocatoria de subvencións municipais para o ano 2015.

A Xunta de Goberno Local, en sesión que tivo lugar o día 30 de decembro de 2015, aprobou inicialmente a modificación da base 13 das bases que rexen as convocatorias de subvencións a entidades e asociacións de ámbito municipal, aprobadas pola Xunta de Goberno Local o 26 de marzo de 2009, e da convocatoria de subvencións municipais para o ano 2015, aprobada pola Xunta de Goberno Local o 2 de xullo de 2015.

Ábrese un prazo de 30 días a partir da data de inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia para que os interesados lexitimados poidan presentar as reclamacións que consideren oportunas no Rexistro Xeral deste concello. O expediente atópase exposto ao público no Servizo Sociocomunitario.

Transcorrido o prazo sen presentarse reclamacións, entenderase elevado a definitivo este acordo.

Narón, 30 de decembro de 2015

José Manuel Blanco Suárez
Alcalde