Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 26 de abril de 2016 Páx. 15378

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 28/2016).

Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 28/2016 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Pablo Prado García contra a empresa Hidemor, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Dispoño despachar orde xeral de execución do título indicado a favor do executante Pablo Prado García fronte a Hidemor, S.L., parte executada.

Consultado o localizador de envíos da oficina de Correos e non constando citada a entidade executada, suspéndese a sinalización efectuada neste procedemento para o día de hoxe e sinálase novamente para que teña lugar o devandito acto o próximo día 24 de maio ás 9.45 horas. Cítense para o efecto as partes que compareceron e expídade exhorto ao Xulgado Decano dos de Cambados co fin de citar a entidade executada.

E para que sirva de notificación en legal forma a Hidemor, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 6 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza