Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 26 de abril de 2016 Páx. 15376

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDITO (557/2015).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 557/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Junior Félix del Rosario Vasquez contra a empresa Roberto Nogueira González e Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Resolvo que, estimando a demanda formulada por Junior Félix del Rosario Vasquez contra a empresa Roberto Nogueira González, declaro improcedente o despedimento do traballador demandante e, consecuentemente, condeno a empresa demandada a aterse a esta declaración e a optar pola súa readmisión nas mesmas condicións que tiña antes de producirse o despedimento, co aboamento dos salarios de tramitación correspondentes, ou a que lle aboe a aquel a seguinte cantidade en concepto de indemnización: 258,62 euros (salvo erro aritmético) cun salario regulador diario de 47,02 euros.

A opción deberase exercer por escrito ou mediante comparecencia na Secretaría deste xulgado dentro do prazo de cinco días desde a notificación desta sentenza en espera da súa firmeza. En todo caso, deberase manter de alta o traballador na Seguridade Social durante o período de devindicación dos salarios de tramitación.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen os artigos 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social, que se deberá anunciar dentro do cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza. A recorrente deberá consignar, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto desta cidade, baixo a denominación Depósitos e consignacións, co número 5081, e especificar a clave 65 ao tratarse dun recurso de suplicación.

Así mesmo, e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar, no momento do anuncio do recurso, ter consignado na conta anteriormente citada a cantidade obxecto de condena, aínda que se pode proceder a asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Roberto Nogueira González, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 5 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza