Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 26 de abril de 2016 Páx. 15312

I. Disposicións xerais

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CORRECCIÓN de erros. Decreto 37/2016, do 17 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de casinos de xogo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros na publicación do Decreto 37/2016, do 17 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de casinos de xogo da Comunidade Autónoma de Galicia, no Diario Oficial de Galicia núm. 67, do 8 de abril, cómpre facer as oportunas correccións no sentido que se indica a seguir:

Na páxina 12511, onde di: «Artigo 14. Vixencia e renovación das autorizacións e transmisión das autorizacións», debe dicir: «Artigo 14. Vixencia e renovación das autorizacións».

Na páxina 12517, onde di: «3. Calquera variación dos datos que consten no certificado de inscrición no Rexistro de Casinos de Xogos non comprendidos no número 1 deberá ser comunicada, mediante modelo normalizado do anexo V, ao órgano competente en materia de xogo no prazo máximo dun mes desde que se produzan, e deberase, de ser o caso, xuntar á dita comunicación a documentación acreditativa dos cambios comunicados», debe dicir: «3. Calquera variación dos datos que consten no permiso de apertura do casino de xogos non comprendidos no número 1 deberá ser comunicada, mediante modelo normalizado do anexo V, ao órgano competente en materia de xogo no prazo máximo dun mes desde que se produzan, e deberase, de ser o caso, xuntar á dita comunicación a documentación acreditativa dos cambios comunicados».