Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 26 de abril de 2016 Páx. 15418

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 7 de abril de 2016, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública a notificación da resolución do expediente 1999/773-5.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se indica a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a dita notificación no último domicilio que consta no expediente desta xefatura territorial.

A persoa interesada poderá interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado, sen necesidade de reclamación administrativa previa de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

O expediente consta no Servizo de Familia e Menores, da Xefatura Territorial en Vigo, da Consellería de Política Social, rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, 36201 Vigo, onde a persoa interesada poderá comparecer nun prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación da presente, para os efectos de coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborais e das 9.00 ás 14.00 horas.

Nº de expediente: 1999/773-5.

Interesado: Juan José Jueguen Espinosa.

Enderezo: descoñecido.

Asunto: notificación dunha resolución administrativa con data do 22 de febreiro de 2016.

Vigo, 7 de abril de 2016

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo