Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 26 de abril de 2016 Páx. 15417

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 7 de abril de 2016, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública a notificación da resolución do expediente 2011/189-5.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 do novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se indica a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a dita notificación no último domicilio que consta no expediente que consta nesta xefatura territorial.

O/a interesado/a poderá interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

O correspondente expediente consta no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social, rúa Concepción Arenal, 8, 1º andar, 36201 Vigo, onde a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación da presente, para os efectos de coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a vernes laborais e en das 9.00 ás 14.00 horas.

Nº de expediente: 2011/189-5.

Interesada: Juana Isabel Brito Acosta.

Enderezo: descoñecido.

Asunto: notificación de resolución administrativa con data do 19 de xuño de 2015.

Vigo, 7 de abril de 2016

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo