Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 26 de abril de 2016 Páx. 15364

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (427/2015).

María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de Xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 427/2015 desta sección, seguidos por instancia de Laura María Breijo Vidal e o Instituto Nacional da Seguridade Social contra a empresa Fremap Mutua de Accidentes de Trabajo e Enfermedades Profesionales nº 61, MAZ Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermidades Profesionales da SS nº 11, Mª Dolores Decoración, S.L. e Araouane Hogar, S.L., sobre incapacidade temporal, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos que estimando o recurso de suplicación interposto polo letrado Ricardo López Mosteiro, en nome e representación de Laura María Breijo Vidal e estimando parcialmente o recurso de suplicación interposto polo letrado da Seguridade Social, na representación de ten o Instituto Nacional da Seguridade Social, contra a sentenza de data once de xullo de dous mil catorce, ditada polo Xulgado do Social número Un dos da Coruña, en autos seguidos por instancia de Laura María Breijo Vidal fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a Maz Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermidades Profesionales, á Mutua Fremap e ás empresas Arauoane Hogar, S.L. e María Dolores Decoración, S.L., sobre Prestaciones de Incapacidad Temporal, debemos revogar e revogamos parcialmente a sentenza recorrida, estimando a demanda formulada fronte a Maz Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales e ao Instituto Nacional da Seguridade Social e condenando a Maz Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales a que aboe á demandante o subsidio de incapacidade temporal do período comprendido entre o 28 de novembro de 2011 e o 9 de maio de 2012, nos termos que legalmente correspondan, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria do Instituto Nacional da Seguridade Social en caso de insolvencia da Mutua, mantendo o resto dos pronunciamentos absolutorios contidos na sentenza recorrida.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: faiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida do catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Araouane Hogar, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 31 de marzo de 2016

A letrada da Administración de xustiza