Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 26 de abril de 2016 Páx. 15434

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2016 pola que se anuncia a licitación do contrato do servizo de escola infantil desta universidade (expediente 2016/4001).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica, Sección de Contratación.

2º. Domicilio: Reitoría da Universidade da Coruña, rúa Maestranza, nº 9, 1ª andar.

3º. Localidade e código postal: A Coruña 15001.

4º. Teléfono: +34 981 16 70 00 (extensións 1118, 1038).

5º. Telefax: +34 981 16 70 20.

6º. Correo electrónico: seccion.contratacion@udc.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.udc.gal/contratacionadministrativa

8º. Data límite de obtención de documentación e información: durante o prazo de presentación de proposicións.

Número de expediente: 2016/4001.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de escola infantil da Universidade da Coruña.

c) Lugar de execución/entrega: escola infantil.

1º. Domicilio: Campus de Elviña, s/n.

2º. Localidade e código postal: A Coruña 15071.

d) Prazo de execución/entrega: 3 cursos escolares.

e) Admisión de prórroga: conforme o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

f) CPV (referencia de nomenclatura): 80110000-8 servizos de ensino preescolar.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no PCAP.

4. Canon base de licitación:

a) Importe neto: 3.719,01 euros. Importe total: 4.500,00 euros.

5. Garantías exixidas:

Definitiva: 4.500,00 euros.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría), se é o caso: os que figuran no PCAP.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: os que figuran no PCAP.

c) Outros requisitos específicos: os que figuran no PCAP.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: de luns a venres, antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural, que empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o prazo remata en sábado ou día inhábil, trasladarase ao día seguinte hábil.

b) Modalidade de presentación: a que figura no PCAP.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Registro Xeral da Universidade da Coruña.

2º. Domicilio: Reitoría, rúa Maestranza, nº 9.

3º. Localidade e código postal: A Coruña 15001.

d) Admisión de variantes, se procede: especifícase no PCAP.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: especifícase no PCAP.

8. Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura dos criterios non avaliables de forma automática (sobre B) e dos criterios avaliables de forma automática (sobre C).

b) Enderezo: Reitoría, rúa Maestranza, nº 9.

c) Localidade e código postal: A Coruña 15001.

d) Data e hora:

1º. Apertura do sobre B: o cuarto día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación de proposicións, ás 12.00 horas. Se este día coincide en sábado, realizarase o luns seguinte á mesma hora.

2º. Apertura do sobre C: a mesa de contratación comunicará, a través do perfil do contratante o día e hora en que terá lugar.

9. Gastos de publicidade: serán a cargo das empresas adxudicatarias a pro rata.

A Coruña, 31 de marzo de 2016.

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 12.1.2016)
Juan M. Díaz Villoslada
Xerente da Universidade da Coruña