Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 27 de abril de 2016 Páx. 15647

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se fai pública a formalización do servizo de cafetaría-comedor e alimentación de doentes hospitalizados do Hospital da Barbanza.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: AB-EIS1-16-009.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es .

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de cafetaría-comedor e alimentación de doentes hospitalizados do Hospital da Barbanza, pertencente a Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

c) Lotes (de ser o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 55320000-9 e 55330000-2.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

h) Data de publicación do anuncio de licitación: 18 de decembro de 2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 1.818.885,06 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 1.212.590,04 euros. Importe total: 1.334.132,20 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 8 de marzo de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 1 de abril de 2016.

c) Contratista: Aramark, Servicios de Catering, S.L.U.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 1.014.101,27 euros.

Importe total: 1.227.062,54 euros.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2016

Luis Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela