Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 27 de abril de 2016 Páx. 15645

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Enerxético de Galicia

ANUNCIO do 18 de marzo de 2016 polo que se notifica o acordo de inicio do procedemento de reintegro da subvención concedida ao expediente IN421G/15R1580, regulado na Resolución do 26 de decembro de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 16, do 26 de xaneiro de 2015).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Boletín Oficial del Estado núm. 285, do 27 de novembro), despois dos intentos de notificación persoal previstos nesa mesma norma, mediante este anuncio emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia. A súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Os actos administrativos derivan do procedemento de axudas aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa (IN421G) cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Instituto Enerxético de Galicia situada na rúa Avelino Pousa Antelo, nº 5 (San Lázaro), Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2015

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Interesado: José Nicasio García Expósito.

Enderezo: rúa Juan de Otero, nº 3, 15189 Culleredo (A Coruña).

Nº de expediente: IN421G/15R1580.

Acto que se notifica: acordo de inicio de procedemento de reintegro.

Data do acto: 2 de marzo de 2016.

Preceptos incumpridos: artigo 27 da Resolución do 26 de decembro e artigo 33.1.b) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.