Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 27 de abril de 2016 Páx. 15594

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 28 de marzo de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai publico o informe de impacto ambiental sobre o proxecto de explotación directa Begoña número 7126, concello de San Sadurniño, promovido por Marmolarías, S.L. (clave 2015/0212).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 18 de marzo de 2016 relativo ao proxecto de explotación directa Begoña número 7126, concello de San Sadurniño (A Coruña), promovido por Marmolarías, S.L.

Este informe de impacto ambiental pódese consultar na seguinte ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, baixo).

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental