Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 27 de abril de 2016 Páx. 15595

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 11 de abril de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente LU-PES 103/2015.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na redacción dada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e doutras medidas de reforma administrativa, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto obxecto de notificación é a resolución e foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, en horario das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, rolda da Muralla, nº 70, 2º (Lugo).

O prazo para realizar a comparecencia será de dez días. Este prazo comezará a contarse a partir do día seguinte a aquel en que se publique esta notificación no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia da notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o prazo de dez días desde a publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao daquela publicación.

Lugo, 11 de abril de 2016

O/a xefe/a territorial de Lugo
P.S. (Resolución do 8.2.2016)
Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo da Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO

Expediente: LU-PES 103/2015.

Interesado: Antonio Medina Gómez.

Acto notificado: resolución.