Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 27 de abril de 2016 Páx. 15607

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Cervo (expediente IN407A 2016/19-2, 8327 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: Polígono Empresarial As Gándaras, rúa A, parcela U2, Lugo.

Denominación: novo CTC Medela e RBT aérea para antena de Retegal, S.A.

Situación: concello de Cervo.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión aérea con orixe nun apoio existente e final nun apoio proxectado C-2000/14, cunha lonxitude de 20 metros, en condutor LA-56.

2. Liña de media tensión subterránea con orixe no apoio proxectado C-2000/14 e final no CTC Medela, cunha lonxitude de 25 metros en condutor RHZ1-150.

3. Centro de transformación prefabricado Medela tipo pé de poste, cunha potencia proxectada de 250 kVA e unha potencia instalada de 50 kVA, cunha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

4. Rede de baixa tensión subterránea con orixe no centro de transformación proxectado Medela e final nun paso aéreo a subterráneo no que conecta coa RBT aérea, cunha lonxitude de 20 metros en condutor tipo RV-240.

5. Rede de baixa tensión aérea con orixe no paso aéreo a subterráneo e final na antena de Retegal, cunha lonxitude de 810 metros en condutor tipo RZ-150.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte (20) días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 7 de abril de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo