Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 27 de abril de 2016 Páx. 15605

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2016/037-1).

Expediente: IN407A 2016/037-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMTS e CTS Praza Almirante Romay, nº 4.

Concello: A Coruña.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,082 km, coa orixe en empalmes a realizar na LMTS SPV-713, en punto de acceso á rede existente, entre o CT Archer Milton (15CPH5, expediente 246/00) e o CT San Roque (expediente 16.575), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final no CT Almirante Romay, nº 4 proxectado.

Centro de transformación soterrado compacto en local de obra civil, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 5 de abril de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña