Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 27 de abril de 2016 Páx. 15603

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2016/258-1).

Expediente: IN407A 2016/258-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: cambio de sección SCY813-SNT803.

Concello: Santiago de Compostela.

Características técnicas:

Cambio de condutor da LMTS (actuación nº 1) a 20 kV, de 510 m e condutor RHZ1-20L 12/20 kV 1×240 mm2 Al, coa orixe no CR Galeras (15CFA0) e final na LMT SNT-803 existente.

Cambio de condutor da LMTS (actuación nº 2) a 20 kV, de 105 m e condutor RHZ1-20L 12/20 kV 1×240 mm2 Al, coa orixe no CR Galeras (15CFA0) e final na LMTS existente a CT 15CYD3, rúa das Hortas 7A.

Cambio de condutor da LMTS (actuación nº 3) a 20 kV, de 275 m e condutor RHZ1-20L 12/20 kV 1×240 mm2 Al, coa orixe na LMTS existente a CT 15CYD3, rúa das Hortas 7A e final na LMT SCY-813 a CT 15CL83 Raxoi.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 5 de abril de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña