Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 27 de abril de 2016 Páx. 15601

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Coristanco (expediente IN407A 2016/256-1).

Expediente: IN407A 2016/256-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT a CT Lume de Suso.

Concello: Coristanco.

Características técnicas:

LMTS a 20 kV, cunha lonxitude de 207 m, condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, coa orixe no paso aerosubterráneo proxectado en apoio nº 9 da LMTA CBA-807, na derivada a CT Lume de Suso (expediente 148/2014), e final no paso aerosubterráneo proxectado en apoio nº 9/1 da LMTA CBA-807, da derivada a CT Lume de Suso.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte (20) días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 5 de abril de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña