Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 27 de abril de 2016 Páx. 15600

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se dá publicidade á declaración de impacto ambiental formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, con data do 15 de febreiro de 2016, relativa ao proxecto do parque eólico Serra do Punago-Vacariza, nos concellos de Castroverde, Baleira e Baralla, promovido por Fenosa Wind, S.L.

Visto o artigo 5.7 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG núm. 188, do 25 de setembro),

RESOLVO:

Dar publicidade mediante esta resolución á declaración de impacto ambiental formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental con data do 15 de febreiro de 2016, relativa ao proxecto do parque eólico Serra do Punago-Vacariza, nos concellos de Castroverde, Baleira e Baralla (Lugo), promovido por Fenosa Wind, S.L., e que se poderá consultar na seguinte ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sitas no Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, cuarto andar, en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2016

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas