Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 27 de abril de 2016 Páx. 15620

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 14 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifica a resolución dun recurso de alzada interposto contra o acordo de concentración parcelaria de Xanceda (Mesía-A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícaselle á persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a interesada poderá comparecer nas dependencias da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2016

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Expediente: resolución do recurso de alzada.

Zona de concentración parcelaria: Xanceda (Mesía-A Coruña).

Interesada: María Dosinda Gómez Ríos.