Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 27 de abril de 2016 Páx. 15621

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 14 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, polo que se notifica o acordo de inicio de procedemento ditado no expediente de axuda para a reestruturación e reconversión de viñedo 36-09-213.

De conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á interesada, que se sinala no anexo deste anuncio, o acordo de inicio de procedemento ditado no expediente de axuda para a reestruturación e reconversión de viñedo número 36-09-213.

A interesada poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Explotacións Agrarias de Pontevedra, Consellería do Medio Rural (avenida Fernández Ladreda, nº 43, 2º andar, Pontevedra), de luns a venres, en horario das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento íntegro do dito acordo e a constancia de tal coñecemento.

Concédeselle á interesada un prazo de quince días hábiles para que poida formular as alegacións e presentar a documentación que estime conveniente ao seu dereito, ante a Consellería do Medio Rural (Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo, Secretaría Xeral Técnica). A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE) polo que o devandito prazo para presentar as alegacións computarase a partir do día seguinte ao desa publicación.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2016

Belén Mª do Campo Piñeiro
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

Procedemento: expediente número 36-2009-213, de axuda para a reestruturación e reconversión de viñedo.

Interesada: María Pilar Suárez Soto.

Acto de notificación: acordo de inicio de procedemento de reintegro da axuda.

Último enderezo coñecido: Silvoso, 13 C, San Salvador, 36637, Meis, Pontevedra.