De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícaselle á interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) e que se sinala no anexo, o acordo de inicio dun procedemento para declarar o reintegro e a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención núm. 15150002/2010 (Orde do 5 de xullo de 2010 pola que se establecen as bases e se convocan axudas á creación e mellora de empresas de aproveitamentos forestais).
A interesada poderá comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, situada na rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do mencionado acordo de inicio e a constancia de tal coñecemento.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa data de finalización.
Concédeselle á interesada un prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da notificación do acordo de inicio, para que poida formular alegacións e presentar a documentación que xulgue conveniente aos seus dereitos ante a Consellería do Medio Rural.
Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que fai constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Santiago de Compostela, 18 de abril de 2016
Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación e Produción Forestal
ANEXO
– Expediente: procedemento para declarar o reintegro e a perda do dereito ao cobramento da axuda no expediente de subvención núm. 15150002/2010.
– Interesada: Entorno Fértil del Norte, S.L.
– Acto de notificación: acordo de inicio.
– Último enderezo coñecido: rúa Agrelo, 10, oficina 13, Bertarmiráns, 15220 Ames (A Coruña).