Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 27 de abril de 2016 Páx. 15629

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2016 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto documentalmente simplificado con varios criterios de adxudicación e trámite ordinario da licitación, para a contratación do servizo, non suxeito a regulación harmonizada, para a toma de mostras de auga nos puntos de control da rede de control de augas subterráneas no ámbito da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa e instalación de novos puntos de control (clave OH.088.363.SV).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Augas de Galicia.

2º. Enderezo: Doutor Maceira, nº 18, baixo.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15706.

4º. Teléfono: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.

5º. Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.

6º. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.gal e desde a plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web http://augas.cmati.xunta.es/.

8º. Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

a) Número de expediente: OH.088.363.SV.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizo.

b) Descrición: toma de mostras de auga nos puntos de control da rede de control de augas subterráneas no ámbito da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa e instalación de novos puntos de control.

c) Lugar de execución: demarcación hidrográfica Galicia-Costa.

d) Prazo de execución: vinte e catro (24) meses.

e) Admisión de prórroga: si, posibilidade de prórroga contractual ata un máximo de dezaoito (18) meses.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 90733700-1.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria de la licitación.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: a pluralidade dos criterios de valoración enuméranse e detállanse coas súas puntuacións e ponderacións no prego de cláusulas administrativas particulares e no perfil de contratante.

4. Valor estimado do contrato: 201.315,28 euros. Inclúe os orzamentos de licitación e das eventuais prórrogas contractuais previstas.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 115.037,30 euros. Importe total: 139.195,13 euros.

6. Garantías exixidas. Provisoria: non se exixe. Definitiva (%): 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia: as condicións mínimas da solvencia económica e financeira acreditaranse coa cifra anual de negocios e da técnica ou profesional coa relación dos servizos realizados cun importe mínimo, para cada unha delas, de 28.759,33 euros nos termos expresados no cadro de características do contrato e na cláusula 6.1.4.1 do prego administrativo.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 18 de maio de 2016.

b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares. As proposicións axustaranse estritamente aos modelos que se inclúen no citado prego. O procedemento é documentalmente simplificado en relación coa documentación que se vai presentar no sobre A.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Augas de Galicia, no seu rexistro e nos días e horas hábiles de oficina (de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas).

2º. Enderezo: Doutor Maceira, nº 18, baixo.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15706.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses, desde a apertura en acto público, segundo se indica no punto seguinte, das ofertas contidas no sobre C.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: a apertura, comprobación e valoración separada do sobre A relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar, do sobre B cos elementos da oferta non valorables de forma automática e do sobre C cos da oferta que admiten unha valoración mediante a aplicación de fórmulas realizaranse conforme o disposto no prego administrativo e na normativa de contratos do sector público.

b) Enderezo: Augas de Galicia na rúa Doutor Maceira, nº 18, baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15706.

d) Data e hora: as aperturas en acto público do sobre B terá lugar o 1 de xuño de 2016 ás 10.00 horas e do sobre C na data e hora que se lles notificará aos licitadores, por fax ou calquera outro medio admitido, e publicarase no perfil de contratante con dous días hábiles de antelación á súa realización.

10. Gastos de publicidade: por conta do licitador seleccionado para ser adxudicatario.

11. Outras informacións:

a) Modificacións previstas: prevese no contrato a posibilidade da súa eventual modificación á baixa nos termos expresados no prego de cláusulas administrativas particulares.

b) As ofertas tamén poderán presentarse por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciar ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de Correos, mediante fax ou telegrama, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.

c) Idioma: galego, castelán ou nos idiomas da Unión Europea, xunto coa tradución oficial.

d) Forma xurídica de agrupación de empresas, de ser o caso: unión de empresarios.

e) Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo a comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Apertura e valoración das ofertas dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizaranse con anterioridade á apertura e valoración do contido do sobre C. No caso de que os actos públicos de apertura das ofertas se modifiquen notificarase esta circunstancia aos licitadores presentados e farase pública no perfil de contratante.

g) Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A, B e C, así como da adxudicación e formalización do contrato, faranse públicas no perfil de contratante.

h) Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2016

O presidente de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia