Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle (Ourense).
Denominación: aumento de potencia CT Lamelas.
Situación: concello de Friol.
Características técnicas:
1. Substitución do transformador existente no CTI Lamelas (27A183) (50 kVAS) por outro de 160 kVA e relación de transformación de 20.000/400-230 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70-baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.
Lugo, 7 de abril de 2016
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo