Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 28 de abril de 2016 Páx. 15766

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Mondoñedo (expediente IN407A 2016/11-2, 8319 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: polígono empresarial As Gándaras, rúa A, parcela U2, Lugo.

Denominación: reforma do CT 2084 alameda.

Situación: concello de Mondoñedo.

Características técnicas:

Obra civil: consistente na instalación de soleira, contrución dun foso de recollida de aceite, canle para celas de MT e para cadros de baixa, revocado e lucido de paramentos e teito, etc.

Obra eléctrica: consistente na instalación de dúas celas de liña e dúas de protección, instalación dun cadro de BT e a súa ampliacion, instalación dun concentrador, realizar novas pontes entre o CT e as celas de media tensión e entre o CT e o cadro de baixa tensión e instalación dun novo punto de luz normalizados.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte (20) días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 7 de abril de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo