Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 28 de abril de 2016 Páx. 15762

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude, por instancia de parte, para a actualización do proxecto de explotación e o plan de restauración da concesión de explotación San Antonio V fracción segunda número 5736.2, na provincia de Lugo, e o seu outorgamento.

Para os efectos previstos no artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, sométese a información pública a solicitude para a actualización dos proxectos e o outorgamento da concesión mineira que a continuación se describe:

Solicitante: Áridos H. Carballido, S.L.

Domicilio social: r/ Torre de Doncos, 26, 27003 Lugo.

Denominación da explotación: San Antonio V fracción segunda nº 5736.2.

Situación: Friol, provincia de Lugo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto correspondente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo, no prazo de trinta (30) días hábiles contados a partir do seguinte ao da presente publicación.

Lugo, 3 de febreiro de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo