Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 28 de abril de 2016 Páx. 15763

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Ponteareas (expediente IN407A 2016/50-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía, S.A.

Domicilio social: rúa Virxe da Luz, 3, baixo, 36860 Ponteareas.

Denominación: LMT e CT Costa de Sequeiros.

Situación: Ponteareas.

Características técnicas: LMTS subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 635 metros de lonxitude, con orixe no apoio 4ES0953 da LMT O Salgueiral-A Cruz e final no CT proxectado. Centro de transformación de 160 kVA, RT 20 kV/400 V, situado en Costa de Sequeiros, Guláns, Ponteareas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte (20) días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 23 de marzo de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra