Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 29 de abril de 2016 Páx. 15830

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consello Xeral do Poder Xudicial

REAL decreto 138/2016, do 4 de abril, polo que se nomea presidente da Audiencia Provincial de Lugo a José Antonio Varela Agrelo.

Por proposta do Pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial, adoptada na súa reunión do 31 de marzo de 2016, de conformidade co establecido nos artigos 599.1.4ª e 337 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, veño en nomear presidente da Audiencia Provincial de Lugo a José Antonio Varela Agrelo, presidente da mesma audiencia provincial, en provisión da vacante producida por expiración do prazo legal polo que fora nomeado con anterioridade para o mesmo cargo.

Dado en Madrid o 4 de abril de 2016

Felipe R.

Rafael Catalá Polo
Ministro de Xustiza