Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 2 de maio de 2016 Páx. 16160

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 21 de abril de 2016 pola que se notifica acordo de incoación de expediente de caducidade de concesión administrativa no porto de Cariño, provincia da Coruña.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro) modificada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE nº 226, do 17 de setembro) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase á mercantil Galicia Mar Renovables, S.L. mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, o acordo de incoación de expediente de caducidade da concesión administrativa outorgada o 28 de maio de 2011 con destino á construción dunha planta para ensamblaxe de sistemas de xeración de enerxía undimotriz no porto de Cariño, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no domicilio que consta no expediente sito na avda. Santa Mariña, 73-75, baixo, de Ferrol, provincia da Coruña.

O expediente incóase pola concorrencia das causas imperativas de caducidade previstas na condición xeral 45ª, alíneas b) e c) do título da concesión, dado que esta carece de actividade, e se está a deber a totalidade das taxas liquidadas desde o ano 2012.

O instrutor do expediente, nomeado por resolución da Presidencia de Portos de Galicia do 13 de abril de 2016, é Jesús Javier Fernández Barro, xefe da División Xurídica de Portos de Galicia, e o seu réxime de recusación é o consignado no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra o acordo de incoación poderanse formular alegacións e para estes efectos outórgase un prazo máximo de 15 días contado desde o día seguinte ao da publicación do acordo no Boletín Oficial del Estado.

Á marxe do que resulte da instrución do procedemento canto a outros motivos de caducidade que puideren concorrer, o aboamento das cantidades debidas antes de ditar resolución implicará o arquivamento do expediente no que atinxe a este motivo concreto de caducidade.

O órgano competente para a resolución do expediente é o presidente da entidade pública Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas polo artigo cuarto da Orde do 25 de novembro de 2009 da Consellería do Mar (DOG nº 235, do 1 de decembro).

Para o seu exame, o expediente completo está nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia, na Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, 15707 Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2016

Jesús Javier Fernández Barro
Instrutor