Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 2 de maio de 2016 Páx. 16104

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Outes (expediente IN407A 2015/179-1).

Expediente: IN407A 2015/179-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: modificado 1 do proxecto de recuamento LMT TA2-809, lugar de Pazos.

Concello: Outes.

Características técnicas: elevación entre os apoios nº 39/6 e 39/8 da liña eléctrica de media tensión aérea TA2-809 a 20 kV, cunha lonxitude de 0,224 km coa orixe no apoio 39/6 proxectado tipo C-18/3,000 que substitúe o existente da LMT TA2-809 tramo entre a derivada a CT Coiradas (expediente 50180) e a derivada ao CT Entines (expediente 255/98), e final no apoio nº 39/8 proxectado tipo CH-20/1.600 do mesmo tramo, en condutor LA-56 mm2 Al. Retensado dos condutores existentes sobre o apoio 39/9.

Liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 0,489 km, coa orixe no paso aéreo a subterráneo que se realizará no apoio nº 39/2 existente da LMT TA2-809, onde se realiza a derivación ao CT Coiradas (expediente 50180), en condutor RHZ1-2 OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final no paso aéreo subterráneo que se realizará no apoio nº 39/6 proxectado tipo C-18/3000 que substitue ao existente no tramo entre a derivada a CT Coiradas (expediente 50180), e a derivada ao CT Entines (expediente 255/98).

Retirada do tramo da liña aérea entre os apoios 39/6 e 39/2.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte (20) días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 5 de abril de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña