Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 2 de maio de 2016 Páx. 16125

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 20 de abril de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, de notificación da convocatoria para o levantamento de actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación LMT derivada Macedo, no concello de Palas de Rei (expediente 004/2014 AT).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou o medio a que se refire o punto 1 deste artigo, ou ben, intentada a notificación, non se puidese practicar...». Mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica denominada «LMT derivada Macedo» que terá lugar na Casa do Concello de Palas de Rei, como punto de reunión, segundo o calendario e os datos que se sinalan no anexo que se xunta.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmos ou representados por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.

Lugo, 20 de abril de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: 004/2014 AT.

Entidade beneficiaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMT. Derivada Macedo.

Concello: Palas de Rei.

Predio

Polígono

Parcela

Titular

Data do acto

Hora

30

65

632

Descoñecido

26.5.2016

10.30