De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Enderezo de internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23599
d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 210, do 4 de novembro de 2015.
2. Obxecto do contrato:
Tipo: obras, non suxeito a regulación harmonizada.
Descrición: consolidación estrutural e restauración do lenzo interior do cubo VI da Muralla Romana de Lugo.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria, expediente anticipado de gasto.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento base de licitación: 148.669,34 €, IVE excluído.
5. Formalización do contrato:
a) Data da adxudicación: 5 de abril de 2016.
b) Data da formalización do contrato: 11 de abril de 2016.
c) Contratista: Restauraciones y Construcciones Luis J. Sánchez, S.A. (Resconsa).
d) Importe de adxudicación: 125.774,26 €, IVE excluído.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.
Santiago de Compostela, 13 de abril de 2016
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria