Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 2 de maio de 2016 Páx. 16128

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 14 abril de 2016, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, sobre as modificacións, disolucións e cancelacións das sociedades agrarias de transformación (SAT).

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, e para xeral coñecemento, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias modificadas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e da Orde da Consellería Agricultura, Gandería e Montes, do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SAT de Galicia, que se citan.

A) Modificacións:

a) A sociedade agraria de transformación Hermanas Formarán, SAT nº 1079 XUGA, na asemblea xeral do 20 de febreiro de 2016 acordou:

1. Renovar os cargos da Xunta Reitora composta por Mª del Sagrario Rodríguez Morán, presidenta; Mª del Rocío Rodríguez Morán, secretaria; Alejandro Rodríguez Vivero, vogal.

b) A sociedade agraria de transformación Hedra, SAT nº 919 XUGA, na asemblea xeral do 29 de febreiro de 2016 acordou:

1. Renovar os cargos da Xunta Reitora composta por José Vicente Veiga Fernández, presidente; Maximino Varela Fernández, secretario; Ángel Roberto Díaz Iglesias, vogal.

c) A sociedade agraria de transformación Gandería Fernández, SAT nº 1380 XUGA, na asemblea xeral do 30 de outubro de 2015 acordou:

1. Modificar os cargos da Xunta Reitora, que pasa a estar composta por José Antonio Fernández Cives, presidente; Rosa Mare Moledo Fernández, secretaria; Áurea Cives Fornís, Mª del Carmen Villar Moledo e Mª Carmen Fernández Lema, vogais.

d) A sociedade agraria de transformación San José de la Levada, SAT nº 5638, nas asembleas xerais do 27 de outubro de 2015 e do 18 de febreiro de 2016 adoptou os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa por falecemento do socio Ricardo Piñeiro Serodio e a transmisión da súa participación no capital social ao pretendido novo socio Comunidade de Herdeiros de Ricardo Piñeiro Serodio.

2. Aprobar a alta do novo socio Comunidade de Herdeiros de Ricardo Piñeiro Serodio.

3. Facer constar na acta que, como consecuencia do falecemento do socio José Piñeiro González, a súa participación no capital social pasará a ser propiedade do novo socio Comunidade de Herdeiros de José Piñeiro González.

4. Aprobar unha ampliación de capital de 157.740,96 euros e outra de 34,75 euros subscritas polos socios nas seguintes contías:

Comunidade de Herdeiros de José Piñeiro González

 

5,41

José Aníbal Piñeiro Serodio

39.435,24

6,82

Jaime Piñeiro Serodio

39.435,24

6,82

Juan Manuel Piñeiro Serodio

 

2,06

Emilio Piñeiro Serodio

39.435,24

6,82

Comunidade de Herdeiros de Ricardo Piñeiro Serodio

39.435,24

6,82

Total

157.740,96

34,75

5. Modificar o valor nominal dos títulos de participación no capital social, que pasa a ser de 10,00 euros cada un deles.

6. Como consecuencia das modificacións anteriores, o capital social queda distribuído entre os socios do seguinte xeito:

Comunidade de Herdeiros de José Piñeiro González

234 títulos

2.340,00 €

José Aníbal Piñeiro Serodio

4.186 títulos

41.860,00 €

Jaime Piñeiro Serodio

4.186 títulos

41.860,00 €

Juan Manuel Piñeiro Serodio

242 títulos

2.420,00 €

Emilio Piñeiro Serodio

4.186 títulos

41.860,00 €

Comunidade de Herdeiros de Ricardo Piñeiro Serodio

4.186 títulos

41.860,00 €

7. Aprobar a modificación do primeiro parágrafo do artigo 2 dos estatutos sociais que queda redactado como segue: «O capital social cífrase en 172.200,00 euros e estará representado por 17.220 xustificantes nominativos de 10,00 euros de valor nominal cada un deles».

8. Modificar o artigo 11 dos estatutos, que queda redactado como segue:

«A Xunta Reitora é o órgano colexiado de goberno, representación e administración ordinaria da SAT a que lle corresponde a dirección da xestión económica e das actividades que se desenvolvan, e a súa competencia esténdese a canto non estea exclusivamente atribuído á asemblea xeral. Para considerarse validamente constituída e adoptar acordos, requirirase a asistencia de, polo menos, a metade dos seus membros.

A Xunta Reitora estará composta de seis (6) membros, os cales terán a condición de socios, elixidos para un período de seis (6) anos, e poden ser reelixidos.

Os cargos que se desempeñarán na Xunta Reitora serán o de presidente, secretario e o resto dos compoñentes terán a condición de vogais. A súa elección efectuaraa, de entre os socios, a asemblea xeral, mediante o sistema de candidaturas pechadas encabezadas polos candidatos a presidente e a secretario.

A renovación realizarase por metade cada tres (3) anos, na primeira metade renovaranse o presidente e un vogal, e na segunda metade o secretario e dous vogais. A un dos vogais asignaráselle a función de tesoureiro».

9. Modificar os cargos da Xunta Reitora, que pasa a estar composta por José Aníbal Piñeiro Serodio, presidente; Emilio Piñeiro Serodio, secretario; Jaime Piñeiro Serodio, vogal tesoureiro; Juan Manuel Piñeiro Serodio, Comunidade de Herdeiros de Ricardo Piñeiro Serodio e Comunidade de Herdeiros de José Piñeiro González, vogais.

e) A sociedade agraria de transformación Os Penedos, SAT nº 983 XUGA, na asemblea xeral do 8 de marzo de 2016 adoptou os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa por xubilación da socia Mª Hortensia Rodríguez López e a transmisión da súa participación no capital social, 234 títulos, aos seus fillos e socios Manuel Penedo Rodríguez e Marina Penedo Rodríguez, a razón de 117 xustificantes nominativos cada un.

2. Aprobar a transmisión que fai Manuel Penedo Rodríguez de 78 títulos da súa participación no capital social á socia Mª Begoña Cruz Rodríguez.

3. Aprobar a transmisión que fai Marina Penedo Rodríguez de 78 títulos da súa participación no capital social ao socio Manuel Eirós Castañal.

4. Como consecuencia das modificacións anteriores, o capital social queda distribuído entre os socios do seguinte xeito:

Manuel Penedo Rodríguez

390 títulos

58.597,50 €

33,33 % participación

Marina Penedo Rodríguez

390 títulos

58.597,50 €

33,33 % participación

Mª Begoña Cruz Rodríguez

195 títulos

29.298,75 €

16,67 % participación

Manuel Eirós Castañal

195 títulos

29.298,75 €

16,67 % participación

5. Modificar o artigo 11 dos estatutos, que queda redactado como segue:

«A Xunta Reitora é o órgano colexiado de goberno, representación e administración ordinaria da SAT, a que lle corresponde a dirección da xestión económica e das actividades que se van desenvolver, e a súa competencia esténdese a canto non estea atribuído á asemblea xeral.

Para considerarse validamente constituída e adoptar acordos, requirirase a asistencia de, como mínimo, a metade dos seus membros.

A Xunta Reitora estará composta por 4 membros, os cales terán a condición de socios, elixidos por un período de 4 anos, e poden ser reelixidos.

Os cargos que se desempeñarán na Xunta Rreitora serán o de presidente, secretario e o resto dos compoñentes, vogais. A súa elección efectuaraa, de entre os socios, a asemblea xeral, mediante o sistema de candidaturas pechadas encabezadas polos candidatos a presidente e a secretario».

6. Modificar os cargos da Xunta Reitora, que pasa a estar composta por Manuel Penedo Rodríguez, presidente; Marina Penedo Rodríguez, secretaria; Mª Begoña Cruz Rodríguez e Manuel Eirós Castañal, vogais.

f) A sociedade agraria de transformación Loucenzo, SAT nº 1272 XUGA, na asemblea xeral do 10 de marzo de 2016 acordou:

1. Renovar os cargos da Xunta Reitora composta por David Gómez Blanco, presidente; Ramón Vilar Asorey, secretario; Inés Carrón Baldonedo e Isabel González Molina, vogais.

g) A sociedade agraria de transformación O Miradoiro, SAT nº 945 XUGA, na asemblea xeral do 8 de marzo de 2016 adoptou os seguintes acordos:

1. Reducir o capital social nunha contía de 120,01 euros mediante a devolución en efectivo dun (1) título ao socio José Manuel Riveiro Gómez.

2. Aprobar a baixa do socio José Manuel Riveiro Gómez e a transmisión da súa participación no capital social, 184 títulos, aos pretendidos novos socios Mª José Carballeira Abelleira e Manuel Fernández González, a razón de 92 xustificantes nominativos cada un.

3. Aprobar a alta dos socios Mª José Carballeira Abelleira e Manuel Fernández González que se incorporan á SAT cun capital social de 11.059,32 €, 92 títulos, cada un deles.

4. Admitir a adxudicación de dous xustificantes nominativos, 240,42 €, do socio Jesús Acal Valiño á nova socia Mª José Carballeira Abelleira.

5. Admitir a adxudicación de dous xustificantes nominativos, 240,42 €, da socia Mª del Carmen González González ao novo socio Manuel Fernández González.

6. Como consecuencia das modificacións anteriores, o capital social queda distribuído entre os socios do seguinte xeito:

Jesús Acal Valiño

183 títulos

21.998,43 €

33,03 %

Mª del Carmen González González

183 títulos

21.998,43 €

33,03 %

Mª José Carballeira Abelleira

94 títulos

11.299,74 €

16,97 %

Manuel Fernández González

94 títulos

11.299,74 €

16,97 %

7. Modificar o primeiro parágrafo do artigo 2 dos estatutos, que queda redactado como segue: «O capital social cífrase en 66.596,34 euros e estará representado por 554 xustificantes nominativos de 120,21 euros cada un deles».

8. Modificar o artigo 11 dos estatutos, que queda redactado como segue:

«A Xunta Reitora é o órgano colexiado de goberno, representación e administración ordinaria da SAT, a que lle corresponde a dirección da xestión económica e das actividades que se van desenvolver, e a súa competencia esténdese a canto non estea atribuído á asemblea xeral.

Para considerarse validamente constituída e adoptar acordos, requirirase a asistencia de, como mínimo, a metade dos seus membros.

A Xunta Reitora estará composta por 4 membros, os cales terán a condición de socios, elixidos por un período de 4 anos, e poden ser reelixidos.

Os cargos que se desempeñarán na Xunta Reitora serán o de presidente, secretario e o resto dos compoñentes, vogais. A súa elección efectuaraa, de entre os socios, a asemblea xeral, mediante o sistema de candidaturas pechadas encabezadas polos candidatos a presidente e a secretario».

9. Modificar os cargos da Xunta Reitora, que pasa a estar composta por Jesús Acal Valiño, presidente; Mª del Carmen González González, secretaria; Mª José Carballeira Abelleira e Manuel Fernández González, vogais.

h) A sociedade agraria de transformación Vila Alborés, SAT nº 1044 XUGA, na asemblea xeral do 27 de xaneiro de 2016 adoptou os seguintes acordos:

1. Ampliar o capital social nunha contía de 601,01 euros, 1 título, desembolsado e subscrito pola socia María Grille Sande.

2. Aprobar a transmisión que fai Pablo Alvite Alvite de 60 títulos, 36.060,60 euros, da súa participación no capital social á socia María Grille Sande.

3. Aprobar a transmisión que fai Pablo Alvite Alvite de 61 títulos, 36.661,61 euros, da súa participación no capital social ao socio Abel Vázquez Blanco.

4. Como consecuencia das modificacións anteriores, o capital social queda distribuído entre os socios do seguinte xeito:

Miguel Alvite Iglesias

110 títulos

66.111,10 €

Lidia Hermelinda Alvite Bermúdez

221 títulos

132.823,31 €

Abel Vázquez Blanco

170 títulos

102.171,70 €

María Grille Sande

170 títulos

102.171,70 €

Pablo Alvite Alvite

126 títulos

75.727,26 €

Eva Vázquez Grille

117 títulos

70.318,17 €

5. Modificar o primeiro parágrafo do artigo 2 dos estatutos, que queda redactado como segue: «O capital social cífrase en 549.323,14 euros e estará representado por 914 xustificantes nominativos de 601,01 euros cada un deles».

i) A sociedade agraria de transformación Xerlea, SAT nº 1083 XUGA, na asemblea xeral do 15 de marzo de 2016 acordou:

1. Renovar os cargos da Xunta Reitora composta por José Fernández Blanco, presidente; María Dolores Pérez Verdes, secretaria; María Fe Rego Fernández e Manuel Vigo Díaz, vogais.

j) A sociedade agraria de transformación Lado, SAT nº 1117 XUGA, na asemblea xeral do 8 de marzo de 2016 acordou:

1. Modificar os cargos da Xunta Reitora, que pasa a estar composta por Alfonso Castro Folgueira, presidente; Manuel Rodríguez Barreiro, secretario; Julio Castro Folgueira e José Rodríguez Lorigados, vogais.

k) A sociedade agraria de transformación Vilachá, SAT nº 1155 XUGA, na asemblea xeral do 10 de marzo de 2016 acordou:

1. Modificar os cargos da Xunta Reitora, que pasa a estar composta por Benjamín López Mato, presidente; Fernando Rodríguez López, secretario; Gerardo Sánchez López, vogal.

l) A sociedade agraria de transformación Arealba de Santaballa, SAT nº 1249 XUGA, na asemblea xeral do 18 de marzo de 2016 acordou:

1. Modificar os cargos da Xunta Reitora, que pasa a estar composta por Esther Rodríguez Villares, presidenta; Guadalupe Prado Losada, secretaria; José Luis Barrio Ares e Alfonso Bermúdez Lodeiro, vogais.

m) A sociedade agraria de transformación O Penedón, SAT nº 1376 XUGA, na asemblea xeral do 22 de marzo de 2016 acordou:

1. Renovar os cargos da Xunta Reitora composta por Manuel Pérez Braña, presidente; Ana María Lamas González, secretaria; María Braña Cadenas, vogal.

n) A sociedade agraria de transformación San Cidre, SAT nº 784 XUGA, na asemblea xeral do 29 de febreiro de 2016 adoptou os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa de sete socios coa correspondente liquidación do capital social. Os socios que causan baixa son:

Ángel Ares Ares

5 títulos

30,10 € de capital social

José Antonio Ares Sánchez

2 títulos

12,04 € de capital social

Pablo Ares Vilariño

2 títulos

12,04 € de capital social

Mª Carmen Martínez Ares

20 títulos

120,40 € de capital social

José Ángel Sánchez Vilariño

20 títulos

120,40 € de capital social

José Antonio Tizón Rodríguez

10 títulos

60,20 € de capital social

Marta Villamor Sánchez

20 títulos

120,40 € de capital social

2. Modificar os cargos da Xunta Reitora, que pasa a estar composta por Jesús Tomé Vilariño (Ganadería San Vicente, S.C.), presidente; José Luis Pérez Merelas, secretario; Manuel Miraz Díaz, vogal tesoureiro; Constantino Martínez García, José Manuel Cernadas Martínez, Javier Vázquez Vilariño e José Pereira López, vogais.

3. Aprobar a modificación do artigo 2 dos estatutos sociais, como consecuencia das baixas dos socios, que queda redactado da seguinte forma: «O capital social cífrase en 3.329,06 € e está representado por 553 títulos nominativos de 6,02 € cada un deles».

o) A sociedade agraria de transformación Alecrín, SAT nº 1187 XUGA, na asemblea xeral do 7 de marzo de 2016 acordou:

1. Modificar os cargos da Xunta Reitora, que pasa a estar composta por Julio Nieto Andrade, presidente; Javier Puñal Soneira, secretario; José Ramón García García, vogal.

p) A sociedade agraria de transformación San Miguel, SAT nº 1001 XUGA, na asemblea xeral do 29 de marzo de 2016 adoptou os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa das socias Mª del Carmen Carballal Gavieiro e Mª de los Ángeles Ferro Fernández e a transmisión da súa participación no capital social, 1 título (3.005,07 euros) de cada unha delas, aos socios José Antonio Rodríguez Sixto e Jesús Prieto Torres, respectivamente.

2. Como consecuencia das modificacións anteriores, o capital social queda distribuído entre os socios do seguinte xeito:

Carlos Dablanca Quinteiro

42 títulos

126.212,94 €

19,72 %

José Manuel Iglesias Sánchez

42 títulos

126.212,94 €

19,72 %

Antonio Viña González

42 títulos

126.212,94 €

19,72 %

José Antonio Rodríguez Sixto

43 títulos

129.218,01 €

20,19 %

Jesús Prieto Torres

43 títulos

129.218,01 €

20,19 %

Mónica Vázquez Liñeira

1 título

3.005,07 €

0,47 %

3. Modificar o artigo 11 dos estatutos, que queda redactado como segue:

«A Xunta Reitora é o órgano colexiado de goberno, representación e administración ordinaria da SAT, a que lle corresponde a dirección da xestión económica e das actividades que se van desenvolver, e a súa competencia esténdese a canto non estea atribuído á asemblea xeral. Para considerarse validamente constituída e adoptar acordos, requirirase a asistencia de, como mínimo, a metade dos seus membros.

A Xunta Reitora estará composta por 6 membros, os cales terán a condición de socios, elixidos por un período de 4 anos, e poden ser reelixidos.

Os cargos que se desempeñarán na Xunta Reitora serán o de presidente, secretario e o resto dos compoñentes, vogais. A súa elección efectuarase por votación secreta e elixiranse por separado presidente e secretario.

A renovación realizarase por metade cada 2 anos, na primeira metade renovaranse o presidente co vogal 1 e o vogal 2, e na segunda, o secretario cos demais vogais. A un dos vogais asignaráselle a función de tesoureiro».

4. Modificar os cargos da Xunta Reitora, que pasa a estar composta por Carlos Dablanca Quinteiro, presidente; José Manuel Iglesias Sánchez, secretario; Antonio Viña González, vogal 1; José Antonio Rodríguez Sixto, vogal 2; Jesús Prieto Torres, vogal 3; Mónica Vázquez Liñeira, vogal 4.

q) A sociedade agraria de transformación Pesadoira, SAT nº 1242 XUGA, na asemblea xeral do 20 de marzo de 2016 acordou:

1. Renovar os cargos da Xunta Reitora composta por Juan José Vázquez Blanco, presidente; Germán Brea Antelo, secretario; José Braña Agra, María Elena Vidal Ramos e Carmen Grille Sande, vogais.

r) A sociedade agraria de transformación Dorna, SAT nº 1305 XUGA, na asemblea xeral do 10 de marzo de 2016 adoptou os seguintes acordos:

1. Aprobar a alta da socia María Isabel Potente López.

2. Aprobar a transmisión de 300 títulos da súa participación no capital social, 30.000 €, do socio Ramón Cordido Astariz á nova socia María Isabel Potente López.

3. Aprobar a transmisión de 418 títulos da súa participación no capital social, 41.800 €, da socia María Sol López López á nova socia María Isabel Potente López.

4. Como consecuencia das modificacións anteriores, o capital social queda distribuído entre os socios do seguinte xeito:

Ramón Cordido Astariz

300 títulos

30.000 €

7,59 % participación

Consuelo López López

718 títulos

71.800 €

18,16 % participación

María Pilar Neira Barrio

718 títulos

71.800 €

18,16 % participación

Marcos Gandoy López

600 títulos

60.000 €

15,17 % participación

Luis Castro Neira

600 títulos

60.000 €

15,17 % participación

María Sol López López

300 títulos

30.000 €

7,59 % participación

María Isabel Potente López

718 títulos

71.800 €

18,16 % participación

5. Modificar o artigo 11 dos estatutos, que queda redactado como segue:

«A Xunta Reitora é o órgano colexiado de goberno, representación e administración ordinaria da SAT, a que lle corresponde a dirección da xestión económica e das actividades que se van desenvolver, e a súa competencia esténdese a canto non estea atribuído á asemblea xeral. Para considerarse validamente constituída e adoptar acordos, requirirase a asistencia de, como mínimo, a metade dos seus membros.

A Xunta Reitora estará composta por sete membros, os cales terán a condición de socios, elixidos por un período de 4 anos, e poden ser reelixidos.

Os cargos que se desempeñarán na Xunta Reitora serán o de presidente, secretario e vogais. A súa elección efectuaraa, de entre os socios, a asemblea xeral, mediante o sistema de candidaturas pechadas encabezadas polos candidatos a presidente e a secretario».

A renovación realizarase por metade cada 2 anos, na primeira metade renovaranse o presidente co último dos vogais, e na segunda, o secretario cos demais vogais. A un dos vogais asignaráselle a función de tesoureiro».

6. Modificar os cargos da Xunta Reitora, que pasa a estar composta por Ramón Cordido Astariz, presidente; Consuelo López López, secretaria; María Pilar Neira Barrio, Marcos Gandoy López, Luis Castro Neira, María Sol López López e María Isabel Potente López, vogais.

s) A sociedade agraria de transformación Gocalvesa, SAT nº 1229 XUGA, na asemblea xeral do 5 de marzo de 2016 acordou:

1. Modificar os cargos da Xunta Reitora, que pasa a estar composta por José Antonio Santos Gómez, presidente; Higidio Calviño Sánchez, secretario; Mario Veiga Fraga, Rosalía Saavedra Carballo, Marta Saavedra Carballo e Inés Gómez Rodríguez, vogais.

B) Disolucións:

a) A sociedade agraria de transformación Lage, SAT nº 1318 XUGA, na asemblea xeral do 3 de febreiro de 2016 adoptou o seguinte acordo:

1. Aprobar o acordo de disolución da SAT e nomear a comisión liquidadora composta por Perfecto Lage Ferreiro, Leocadia Folgueira Ares e José Ángel Lage Folgueira.

C) Cancelacións:

a) A sociedade agraria de transformación Lage, SAT nº 1318 XUGA, na asemblea xeral do 29 de febreiro de 2016 adoptou o seguinte acordo:

1. Aprobar o balance final e solicitar a cancelación da SAT no rexistro xeral.

b) A sociedade agraria de transformación Castrodanta, SAT nº 1415 XUGA, foi disolta na Resolución do 23 de maio de 2014. Segundo o artigo 14.2 do Real decreto 1775/1981, do 3 de agosto, polo que se aproba o Estatuto que regula as sociedades agrarias de transformación, procédese á súa cancelación de oficio por ter superado o prazo de liquidación dun ano desde a súa disolución.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2016

Belén Mª do Campo Piñeiro
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias