Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 2 de maio de 2016 Páx. 16062

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (59/2016).

M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de Xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 4842/2015-RCUD 59/16-S desta sección, seguido a instancia de Fogasa contra Mauricio Manuel Leis Baña, Unitec Técnicas Unidas, S.L., Administración Concursal de Unitec Técnicas Reunidas, S.L. sobre resolución de contrato, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da secretaria xudicial.

M. Asunción Barrio Calle.

Na Coruña, 11 de abril de 2016.

Os anteriores escritos presentados polo letrado habilitado da Avogacía do Estado Alejandro Crespi Rodríguez, o primerio de interposición do RCUD que preparara e o segundo achegando as certificacións das sentenzas de contradición alegadas no primeiro, únanse á peza separada de RCUD. Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina e fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala. Emprácense as demais partes (a empresa a través do DOG) para que comparezan por escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, achegando copias do devandito escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da devandita sala, debendo acreditar a representación da parte de non constar previamente nas actuacións.

Verificado, remítanse as actuacións ao devandito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 5 da Coruña que a resolución desta sala ten sida recorrida en casación para unificación de doutrina.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún.

Acórdoo e asino. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Unitec Técnicas Unidas, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza