Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 2 de maio de 2016 Páx. 16064

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO de notificación de resolución (952/2015).

Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 952/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Melania Mira Pérez contra Centro Integral de Belleza Carmen, S.C., Fogasa sobre despedimento, foi ditada resolución de data 7.4.2016, contra a cal se pode interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días, e faise saber que no devandito órgano xudicial os interesados poden ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Centro Integral de Belleza Carmen, S.C., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de abril de 2016

O letrado da Administración de xustiza