Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 2 de maio de 2016 Páx. 16066

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (853/2012).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 853/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo Antonio Céspedes García contra Grialibros, S.L., Abraxas-Aula 25, S.L., Grace Antonia Nouel Brache, Germán Pérez Rubín, Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, foi ditada Sentenza nº 76/2016 do 22 de marzo de 2016, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decido:

Estimar parcialmente a demanda promovida por Pablo Antonio Céspedes García contra as entidades Grialibros, S.L., Abraxas Aula 25, S.L. e contra Grace A. Nouel Brache, e condeno Grialibros, S.L. e Grace A. Nouel Brache a aboaren solidariamente ao demandante a cantidade de 6.423,93 € (263,41 € diferenzas salariais producidas no ano 2011; 973,68 € mensualidade decembro 2011; 901,31 € paga extraordinaria beneficios 2010; 901,31 € paga extraordinaria verán 2011; 912 € paga extraordinaria Nadal 2011; 912 € paga extraordinaria beneficios 2011; 554,44 € paga extraordinaria verán 2012; 70,21 € paga extraordinaria Nadal 2012; 70,21 € paga extraordinaria beneficios 2012; 865,36 € salario 26 días xaneiro 2012), incrementada nun 10 % en concepto de xuros de demora, e absover Abraxas Aula 25, S.L. de cantos pedimentos foron formulados contra ela.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación ante o TSX de Galicia no prazo de cinco días.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Grace Antonia Nouel Brache, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e para a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza