Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 3 de maio de 2016 Páx. 16499

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 21 de abril de 2016 pola que se notifica requirimento previo de desafiuzamento administrativo do local da antiga fábrica de xeo e superficie anexa do porto de Foz.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase a Tito Fernández Rego, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, requirimento previo de desafiuzamento administrativo do local da antiga fábrica de xeo e superficie anexa do porto de Foz, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no último domicilio coñecido sito na rúa Trapero Pardo, número 2, 1º B, de Foz, provincia de Lugo.

Segundo informe da Xefatura da Zona Norte, o departamento está ocupado sen autorización, unha vez vencida e non renovada a autorización outorgada no ano 2012, e incumpriuse un requirimento da Zona para proceder voluntariamente ao desaloxo, sen que sexa posible outorgar nova autorización dada a existencia de débedas en concepto de taxas portuarias.

O presente acto administrativo que emite a Presidencia do Consello de Administración da entidade pública Portos de Galicia, de acordo coas competencias previstas no artigo 114 da Lei 5/2011, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, se emite en aplicación do artigo 113 desa lei, do artigo 103 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, que aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, e do artigo 31 do Decreto 227/1995, que aproba o Regulamento da entidade pública Portos de Galicia.

O departamento deberá de ser abandonado nun prazo máximo de 10 días contados desde a publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, o que se formalizará coa entrega das chaves ao persoal de Portos de Galicia.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Outórgase trámite de audiencia por un prazo máximo de 10 días hábiles contados desde a publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, durante o que poderán formularse alegacións e presentarse os documentos ou xustificacións que se xulguen pertinentes.

Contra o presente acto administrativo de iniciación non se admitirán accións interditais ou para a tutela sumaria da posesión das previstas na Lei de axuizamento civil.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2016

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia