Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 3 de maio de 2016 Páx. 16497

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 21 de abril de 2016 pola que se notifica resolución do expediente de incautación da embarcación Algami depositada en seco no porto de Viveiro.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase á mercantil Medemu, S.A., con últimos domicilios coñecidos en Ruiz de Alarcón, 27, de Madrid, e Paseo de la Castellana, 153, de Madrid, Resolución do Presidente de Portos de Galicia do 8 de abril de 2016, que decreta a incautación, a favor de Portos de Galicia, da embarcación de nome Algami, con folio 7ª-BA-2-604-01, depositada no porto de Viveiro, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

Así mesmo, este anuncio se publicará no Diario Oficial de Galicia, ben que, a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

A resolución emítese, unha vez que a mercantil propietaria da embarcación, depositada en seco, en estado de abandono, e sen aboar taxas desde o ano 2011, incumpre dúas ordes de retirada, e unha vez que no BOE número 28 do 2 de febreiro de 2016 se publica o acordo de inicio de expediente sen que conste a presentación de alegacións, con base no establecido no artigo 20 do Decreto 130/2013, do 1 de agosto, polo que se regula a explotación dos portos deportivos e das zonas portuarias de uso náutico deportivo de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, na regra décimo quinta de aplicación á tarifa portuaria E-2 prevista na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, e no artigo 49 do Regulamento de servizo e policía aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976.

A incautación implica que Portos de Galicia vai proceder ao alleamento da embarcación de acordo e cos efectos establecidos nos anteriores fundamentos. De non ser factible o alleamento en atención ao estado de conservación da embarcación, ou no caso de quedar deserta a venda, Portos de Galicia poderá proceder a trasladar a embarcación a vertedoiro autorizado. Todos os custos que isto implique serán por conta do propietario.

Contra a presente resolución que pon fin á vía administrativa e é executiva, poderase interpor recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela que corresponda.

O expediente completo para o seu exame e consulta atópase na sede dos servizos centrais de Portos de Galicia, sitos na praza de Europa, número 5 A, 6º, de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2016

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia