Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 3 de maio de 2016 Páx. 16415

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 12 de abril de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, polo que se procede a darlle publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca a provisión, polo procedemento de avaliación colexiada, do posto de xefe/a da Unidade de Admisión e Documentación Clínica do Hospital da Costa.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, modificado polo Decreto 111/2013, do 4 de xullo (DOG núm. 140, do 24 de xullo), e na Orde do 12 de abril de 2013 (DOG núm. 76, do 19 de abril) polo que se desenvolve a estrutura organizativa de xestión integrada das áreas de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, así como na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, esta xerencia

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento de avaliación colexiada, o posto de persoal licenciado/a sanitario que se relaciona no anexo.

Segundo. As retribucións dos postos ofertados serán as que correspondan de acordo coas ordes vixentes polas que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Terceiro. As bases íntegras da citada convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios do Hospital Universitario Lucus Augusti (Oficina de Atención ao Traballador), e do Hospital da Costa, así como na intranet da estrutura organizativa de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, e na páxina web do Sergas (www.sergas.es).

Cuarto. As solicitudes e a documentación anexa que conteña a xustificación dos requisitos e méritos alegados, deberán dirixirse ao xerente da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, e poderán presentarse preferentemente no Rexistro Xeral do Hospital da Costa na rúa Rafael Vior s/n, (CP 27880) Burela, no prazo de trinta (30) días naturais contados desde o seguinte á data da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Lugo, 12 de abril de 2016

Ramón Ares Rico
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

ANEXO

Denominación do posto

Prazas

Centro

Xefe/a da Unidade de Admisión e Documentación Clínica

1

Hospital da Costa