Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 3 de maio de 2016 Páx. 16417

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 12 de abril de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, polo que se procede a darlle publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca a provisión, polo procedemento de avaliación colexiada, do posto de xefe/a da Unidade de Urxencias do Hospital da Costa.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, modificado polo Decreto 111/2013, do 4 de xullo (DOG núm. 140, do 24 de xullo), e na Orde do 12 de abril de 2013 (DOG núm. 76, do 19 de abril) pola que se desenvolve a estrutura organizativa de xestión integrada das áreas de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, así como na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, esta xerencia

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento de avaliación colexiada, o posto de persoal licenciado/a sanitario que se relaciona no anexo.

Segundo. As retribucións do posto ofertado serán as que correspondan de acordo coa orde vixente pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Terceiro. As solicitudes e a documentación anexa que conteña a xustificación dos requisitos e méritos alegados, deberán dirixirse ao xerente da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, e poderán presentarse preferentemente no rexistro sito na pranta baixa do Hospital da Costa na rúa Rafael Vior s/n, (CP 27880) Burela, no prazo de trinta (30) días naturais contados desde o seguinte á data da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Cuarto. As bases íntegras da citada convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios do Hospital Universitario Lucus Augusti (Oficina de Atención ao Traballador), e do Hospital da Costa, así como na intranet da estrutura organizativa de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, e na páxina web do Sergas (www.sergas.es).

Lugo, 12 de abril de 2016

Ramón Ares Rico
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

ANEXO

Denominación do posto:

• Xefe/a da Unidade de Urxencias do Hospital da Costa.

Número de vacantes: 1.