Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 3 de maio de 2016 Páx. 16419

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (109/2016).

M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza de Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 109/2016 MCR desta sección, seguido por instancia do Fondo de Garantía Salarial contra José María Alvariño González Industrias Generoso Santalla, S.L.. e Administración concursal Industrias Generoso Santalla, S.L.. sobre despedimento disciplinario, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que procede aclarar a resolución desta sala con data do 10 de marzo de 2016 ditada nas presentes actuacións, quedando a súa parte dispositiva do seguinte teor literal:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación do Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), contra a sentenza do Xulgado do Social número 2 de Ferrol, con data do 30 de setembro de 2015, recaída en autos 376/2015, seguidos por instancia do traballador José María Alvariño González, en reclamación por despedimento e extinción de contrato, debemos confirmar e confirmamos integramente a devandita sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Administración concursal Industrias Generoso Santalla, S.L., expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 31 de marzo de 2016

A letrada da Administración de xustiza