Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 3 de maio de 2016 Páx. 16476

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 18 de abril de 2016, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos a deslindamentos entre montes veciñais en man común (expediente 147/75 e seis máis).

Na sesión celebrada polo xurado provincial o día 29 de marzo de 2016, figuran os acordos seguintes:

Monte de Ferreira (expediente 147/75), pertencente aos veciños dos lugares de Ferreira, Matei e Cal da parroquia de Ferreira de Pallares, do concello de Guntín, clasificado polo xurado provincial con data do 14 de decembro de 1976, e monte de Pradeda (expediente 144/75), pertencente aos veciños da parroquia de Pradeda, no termo municipal de Guntín, e clasificado como veciñal en man común por Resolución do xurado provincial con data do 4 de febreiro de 1978. Con data do 14 de setembro de 2015, ten rexistro de entrada un escrito de Adelino Gay Rodríguez, mediante o que achega un acordo de deslindamento de avinza, practicado entre estas comunidades, en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado o 28 de xullo de 2015, perante o Xulgado de Paz de Guntín; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 14 de marzo de 2016, emite un informe no que se especifican como quedan os montes, e aínda que se especifica que non resulta posible modificar as superficies dos montes, como consecuencia desta avinza, xa que os vértices están incluídos dentro do esbozo do monte de Pradeda, polo que se precisaría unha definición co resto de propietarios para poder determinar as superficies resultantes, non obstante, como consecuencia da avinza entre os montes de Ferreira e de Guntín, permítese pechar a poligonal destes dous montes, quedando o monte de Ferreira cunha superficie de 147,52 hectáreas e o monte de Pradeda cunha superficie de 148,95 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o xurado provincial, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento por avinza practicado, e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Monte de Ferreira (expediente 147/75), pertencente aos veciños dos lugares de Ferreira, Matei e Cal da parroquia de Ferreira de Pallares, do concello de Guntín, clasificado polo xurado provincial con data do 14 de decembro de 1976, e monte de Guntín (expediente 142/75), pertencente aos veciños da parroquia de Guntín, no termo municipal de Guntín, clasificado como veciñal en man común por Resolución do xurado provincial con data do 14 de decembro de 1976. Con data do 14 de setembro de 2015, ten rexistro de entrada un escrito de Adelino Gay Rodríguez, mediante o que achega un acordo de deslindamento de avinza, practicado entre estas comunidades, en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado o 28 de xullo de 2015, perante o Xulgado de Paz de Guntín; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 15 de marzo de 2016 emite un informe no que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza. O monte de Ferreira queda cunha superficie de 147,52 hectáreas e o monte de Guntín cunha superficie de 82,37 hectáreas. Esta avinza permite tamén pechar a poligonal do monte de Pradeda, que queda cunha superficie de 148,95 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o xurado provincial, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento por avinza practicado e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Monte de Vilarín e Cortiñas (expediente 99/79), pertencente aos veciños do lugar de Vilarín da parroquia de Cedrón, no termo municipal de Láncara, e clasificado como veciñal en man común por Resolución do xurado provincial con data do 30 de xuño de 1980, e monte de Cortellas, Costas e Cortiñas (expediente 95/80), pertencente aos veciños do lugar de Cortella da parroquia de Cedrón, no termo municipal de Láncara, e clasificado como veciñal en man común por Resolución do xurado provincial con data do 5 de decembro de 1980. Con data do 2 de xuño de 2015, ten rexistro de entrada un escrito, mediante o que achega un acordo de deslindamento de avinza, practicado entre estas comunidades, en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado o 28 de maio de 2015, perante o Xulgado de Paz de Láncara; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 5 de febreiro de 2016 emite un informe no que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza. O monte de Vilarín e Cortiñas queda cunha superficie de 28,76 hectáreas, e o monte de Cortellas, Costas e Cortiñas cunha superficie de 52 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento por avinza practicado e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Monte de Tallobre (expediente 11/76), pertencente aos veciños do lugar de Tallobre, parroquia de Ouviaño, no termo municipal de Negueira de Muñiz, e clasificado como veciñal en man común por Resolución do xurado provincial con data do 22 de decembro de 1976 e monte de Vilaseca (expediente 41/73), pertencente aos veciños do lugar de Vilaseca, da parroquia de Negueira, no termo municipal de Negueira de Muñiz, e clasificado como veciñal en man común por Resolución do xurado provincial con data do 28 de decembro de 1974. Con data do 24 de novembro de 2014, ten rexistro de entrada escrito do concello de Negueira de Muñiz (completado posteriormente con documentación non aportada), mediante o que achega un acordo de deslindamento de avinza, practicado entre estas comunidades, en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado o 17 de xuño de 2009 perante o Xulgado de Paz de Negueira de Muñiz; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 10 de febreiro de 2016 emite un informe no que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza. O monte de Tallobre queda cunha superficie de 114,77 hectáreas e o monte de Vilaseca cunha superficie de 92,04 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o xurado provincial, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento por avinza practicado, e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Ao descoñecerse o nome e enderezo dos posibles titulares de dereitos e xuros sobre os referidos montes, por medio do presente anuncio, en conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, póñense no seu coñecemento os devanditos acordos.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para a execución da Lei de MVMC, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Lugo, 18 de abril de 2016

José Ramón Losada Fernández
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo