Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 3 de maio de 2016 Páx. 16474

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 18 de abril de 2016, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este xurado, relativo ao monte veciñal en man común de Guldriz, no concello de Friol (expediente 92/80).

Na sesión realizada polo xurado provincial o día 29 de marzo de 2016, figura o seguinte acordo:

Monte de Guldriz (expediente 92/80), pertencente aos veciños da parroquia de Guldriz, no termo municipal de Friol, e clasificado como veciñal en man común por Resolución do xurado provincial con data do 20 de decembro de 1982. Con data do 12 de xuño de 2015 ten entrada copia autenticada de sentenza firme ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Lugo, con data do 12 de maio de 2014, recaída no procedemento ordinario 1137/2013, na que se declara, estimando a demanda presentada: «(...) que o predio Tarreo que se describe no ordinal 1º da demanda non forma parte do monte veciñal en man común de Guldriz (Friol) e pertence na súa integridade a Antonio García Rodríguez; e que procede modificar o acordo do Xurado Provincial de Montes en Man Común de Lugo con data do 20.12.1982, relativo á clasificación do monte veciñal en man común de Guldriz para excluír o predio Tarreo (...)». Dado traslado da documentación ao Servizo de Montes, con data do 7 de marzo de 2016 emítese informe, especificando as modificacións resultantes, quedando o monte de Guldriz cunha superficie de 213,32 hectáreas. Xuntan esbozo da situación actual do monte veciñal afectado. Examinada a devandita sentenza, o xurado, por maioría, acorda, dar cumprimento ao establecido nela, procedendo ás correccións oportunas, coa incorporación do esbozo referido ao expediente de clasificación. O vogal José Antonio Rojo Fernández non participa.

Ao descoñecerse o nome e enderezo dos posibles titulares de dereitos e intereses sobre o referido monte, por medio do presente anuncio, en conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, comunícase o devandito acordo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para a execución da Lei de MVMC, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Lugo, 18 de abril de 2016

José Ramón Losada Fernández
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo