Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 3 de maio de 2016 Páx. 16426

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (162/2016).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 162/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Leonor Prado Aradas contra Reyes y Gago, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa resolución di:

«Resolvo que debo aceptar e acepto a demanda que en materia de despedimento foi interposta por María Leonor Prado Aradas, contra a entidade Reyes y Gago, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento do que a demandante foi obxecto con data do 13 de xaneiro de 2016, debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, desde a data da presente resolución (11.4.2016), ao cesar na súa actividade a anterior entidade, e condeno a entidade Reyes y Gago, S.L. ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 904,2 € e, por salarios de tramitación, a razón de 3.657,9 €.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así, por esta miña sentenza, pronúnciao, mándao e asínao a maxistrada xuíza deste xulgado Pilar Carreira Vidal».

Para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Reyes y Gago, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza