Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 3 de maio de 2016 Páx. 16428

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (269/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 269/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ramón Bermúdez Grela contra Obras y Reformas Larman, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), se ditou a seguinte resolución:

Decreto 149/2016

ETX. Execución de títulos xudiciais 269/2015

Procedemento de orixe: despedimento obxectivo individual 505/2015

Sobre despedimento

Demandante: Ramón Bermúdez Grela

Avogada: Paula Carpintero Gamallo

Demandados: Obras y Reformas Larman, S.L. e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

Decreto:

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

En Santiago de Compostela o 13 de abril de 2016

Antecedentes de feito:

Primeiro. Ramón Bermúdez Grela presentou demanda de execución contra Obras y Reformas Larman, S.L. e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Segundo. Ditouse auto en que se despacha execución con data do 11 de novembro de 2015 por un total de 6.394,20 euros de principal (6.220,15 euros de indemnización + 168,47 euros de liquidación + 5,58 euros de xuros do artigo 29.3), e de 639,42 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Terceiro. Non se encontraron bens susceptibles de traba e déuselles a preceptiva audiencia ao Fondo de Garantía Salarial e a Ramón Bermúdez Grela.

Fundamentos de dereito:

Único. Dispoñen os artigos 250 e 276 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS) que, de non se ter coñecemento da existencia de bens suficientes do executado nos cales facer traba e embargo, se practicarán as pescudas procedentes e, de seren infrutuosas total ou parcialmente, o/a letrado/a da Administración de xustiza da execución ditará decreto de insolvencia tras oír o Fondo de Garantía Salarial e a parte demandante.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar a executada, Obras y Reformas Larman, S.L., en situación de insolvencia total por importe de 6.394,20 euros de principal (6.220,15 euros de indemnización + 168,47 euros de liquidación + 5,58 euros de xuros do artigo 29.3), e de 639,42 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez que sexa firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíqueselles ás partes, e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela ao xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para interpor recurso de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274, no Banco Santander, S.A., e indicar, no campo Concepto, “Recurso” seguido do código “31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación “Recurso” seguida do “31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, incluso se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo Observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

O/a letrado/a da Administración de xustiza.

Para que sirva de notificación en legal forma a Obras y Reformas Larman, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza