Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 6 de maio de 2016 Páx. 16973

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

CÉDULA do 14 de abril de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se lle notifica á persoa interesada a proposta de resolución do expediente sancionador ES-P-0038/15.

De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, notifícaselle á persoa interesada a proposta de resolución do expediente sancionador que se indica no anexo.

A eficacia da cédula queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 14 de abril de 2016

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado: Julio Barbeito Gómez.

Expediente: ES-P-0038/15.

Último domicilio coñecido: rúa San Miguel, nº 20, Pazos de Reis, 36700 Tui (Pontevedra).

Indicación do contido: notificáselle a proposta de resolución do procedemento sancionador ES-P-0038/15 na cal se propón unha sanción no seu grao mínimo de multa de 600 €, de acordo co disposto no artigo 108 da Lei 8/2012, do 26 de xuño, de vivenda de Galicia.

Alegacións: as persoas interesadas poderán formular alegacións, así como presentar os documentos ou xustificantes que xulguen convenientes, no prazo de quince (15) días contados desde a publicación. Así mesmo, poderán acceder ao contido do expediente depositado na Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e solo en Pontevedra (rúa Alcalde Hevia, nº 7, 4º andar), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, de acordo co disposto nos artigos 3.1 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.