Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 6 de maio de 2016 Páx. 17052

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da contratación da xestión parcial da escola infantil municipal de Santa Marta.

1. Entidade que adxudica. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Educación. Nº de expediente: 17500-332.

2. Obxecto do contrato. Descrición: xestión da Escola Infantil Municipal de Santa Marta-Casco Vello.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: 4 anos. Prórroga: si, dúas prórrogas dun ano de duración cada unha.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 857.015,44 euros (contrato exento de IVE).

5. Garantías provisionais: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil de contratante). Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista. Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas. Prazo: o prazo rematará aos 15 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas e no punto 7 das FEC.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de melloras: non.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica. Entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil de contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións.

11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 19 de abril de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación