Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 13 de maio de 2016 Páx. 18553

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 2 de maio de 2016 pola que se notifica a resolución do expediente de incautación da embarcación Soupir depositada en seco no porto de Burela.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Eugene Patrick Sleator, con último domicilio coñecido en Cottage, 2, Kilcrearcad, Donabate, Co, Dublín (Irlanda), Resolución do presidente de Portos de Galicia, do 8 de abril de 2016, que decreta a incautación, a favor de Portos de Galicia, da embarcación de nome Soupir, depositada no porto de Burela, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

A resolución emítese por atoparse a embarcación desde o ano 2013 depositada en estado de abandono nunha parcela do porto de Burela onde foi retirada por esta entidade tras atracar a embarcación sen autorización, e unha vez que no BOE número 28, do 2 de febreiro de 2016, se publica o acordo de inicio de expediente sen que conste a presentación de alegacións, con base no establecido no artigo 20 do Decreto 130/2013, do 1 de agosto, polo que se regula a explotación dos portos deportivos e das zonas portuarias de uso náutico-deportivo de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, na regra décimo quinta de aplicación á tarifa portuaria E-2 prevista na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, e no artigo 49 do Regulamento de servizo e policía, aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976.

A incautación implica que Portos de Galicia vai proceder ao alleamento da embarcación de acordo e cos efectos establecidos nos anteriores fundamentos. De non ser factible o alleamento en atención ao estado de conservación da embarcación ou no caso de quedar deserta a venda, Portos de Galicia poderá proceder a trasladar a embarcación a vertedoiro autorizado, e todoso os custos que isto implique serán por conta do propietario.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa e é executiva, poderase interpor recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela que corresponda.

O expediente completo para o seu exame e consulta atópase na sede dos servizos centrais de Portos de Galicia, sitos na praza de Europa, número 5-A, 6º de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2016

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia