Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 13 de maio de 2016 Páx. 18549

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2016 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, tramitación ordinaria e documentalmente simplificada, do contrato de subministración, en réxime de compra, de equipamentos informáticos de usuario para os servizos centrais e periféricos (delegacións da Coruña, Lugo e Pontevedra), non suxeito a regulación harmonizada (expediente 2/2016/CNTSU).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: entidade pública Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contabilidade e Tesourería.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: entidade pública Portos de Galicia. División de Contratación.

2º. Domicilio: praza de Europa, 5-A, 6º.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

4º. Teléfono: 881 99 52 70.

5º. Correo electrónico: laura.gonzalez.gurgueiro@xunta.es

6º. Enderezo da internet do perfil de contratante: o prego tipo de cláusulas administrativas particulares (PCAP), o de prescricións técnicas particulares (PPT) e o cadro de características do contrato (CCC) poderanse obter no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=24040

7º. Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas, establecida no número 8.a) deste anuncio.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: o presente contrato ten por obxecto a subministración de 95 equipamentos sobremesa e 65 monitores, coas especificacións técnicas recollidas no PPT, e a recollida dos equipos existentes en Portos de Galicia, segundo o cadro recollido na cláusula 3 do PPT.

c) División por lotes e número de lotes/Número de unidades: non hai.

d) Lugar de execución/entrega: os bens subministrados serán entregados nos lugares indicados na cláusula 5 do PPT.

e) Prazo de execución/entrega: 20 días.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto; sistema multicriterio.

c) Criterios de adxudicación: a oferta economicamente máis vantaxosa determinarase en virtude da aplicación dos criterios establecidos no punto 14 do CCC, que serán valorados segundo o disposto no anexo II do CCC.

4. Valor estimado do contrato: 65.590,00 euros, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 65.590,00 euros.

b) Importe do IVE (21 %): 13.773,90 euros.

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non procede.

b) Solvencia económica ou financeira e técnica e profesional: os licitadores deberán acreditar a súa solvencia conforme o disposto no punto 9.2 do CCC.

c) Outros requisitos de capacidade: os licitadores deberán cumprir todos os demais requisitos que, se é o caso, se atopen especificados tanto no PCAP como no PPT.

d) Requisitos específicos a exixir ao adxudicatario: os exixidos no punto 9.4 do CCC.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás catorce (14.00) horas do décimo quinto (15º) día natural seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro dos Servizos Centrais de Portos de Galicia.

2º. Domicilio: praza de Europa, 5-A, 6º.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

Tamén poderán envialas por correo certificado dentro do prazo de admisión sinalado, conforme ao disposto no artigo 80.4º do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, cumprindo cos requisitos establecidos na cláusula 4.4.1 do PCAP. (Teléfono 902 40 08 70; fax 981 54 53 24).

Respecto da posibilidade de presentación de ofertas a través do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, observarase o disposto na cláusula 4.4.1 do PCAP.

c) Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 4.5 do PCAP e no apartado 12 do CCC.

d) As proposicións presentaranse en dous (2) sobres pechados (A e C), ao abeiro do disposto nos puntos 12 e 30.3 do CCC.

e) Admisión de variantes: non se admite a súa presentación.

f) Melloras: admítese mellorar os aspectos técnicos da oferta, por riba dos mínimos exixidos no PPT, aplicándose o disposto no punto 5 do CCC.

g) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses desde a apertura das proposicións económicas.

9. Apertura de ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da EPPG. Praza de Europa, 5-A, 6º (Área Central-Polígono das Fontiñas).

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

c) Data e hora: a data e hora de celebración do acto público de apertura dos sobres C, e as de calquera outro acto público, publicaranse, coa debida antelación, no perfil de contratante.

Se por algún motivo houbese que modificar a data de celebración dalgún acto público, reflectirase a nova data no perfil de contratante.

10. Gastos de publicidade: os gastos que deriven da publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións. A mesa, en cumprimento do disposto na cláusula 5.1.b.1 do PCAP examinará e cualificará a documentación administrativa do sobre A e comunicará ao licitador e publicará no perfil de contratante os defectos observados, a fin de que, se é o caso, se emenden dentro do prazo que se indique.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2016

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia